Donald Cheung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Donald Wai Man Cheung, nado en Hong Kong en 1953[1], é un cantante de Hong Kong de cantopop.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira musical a finais da década de 1970 e en 1978 gañou un concurso para cantantes afeccionados o que lle supuxo o seu primeiro contrato cunha compañía discográfica, entre 1979 e 1982 gravou 9 álbums e o tema para o filme Xin tie cuo men shen[2]. Entre 1985 e 2003 actuou como vocalista para estrelas da cantopop como Liza Wang, Leslie Cheung, Sam Hui, Alan Tam ou George Lam. En 2003 volveu a gravar un álbum en solitario, con versións de grandes divas do cantopop como Anita Mui ou Sally Yeh, e que se converteu nun grande éxito chegando a álbum de platino case de inmediato[3], seguindo o seu éxito nos anos seguintes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 66歲張偉文腳筋萎縮靠輪椅代步 望9月演唱會台上站起來 ol.mingpao.com, 3 de agosto de 2019
  2. "Cheung Wai Man". Hong Kong Movie World
  3. Yiu-Wai Chu (2017) Hong Kong Cantopop: A Concise History Hong Kong University Press, p. 167