Don Pio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Manuel Melià Fuster 1951 Valencia, España |
Morte | 25 de xuño de 1994 (42/43 anos) Valencia, España |
Causa da morte | cardiopatía |
Actividade | |
Ocupación | humorista |
Manuel Melià Fuster, coñecido artisticamente como Don Pío, nado en Valencia en 1951 e finado na mesma localidade o 25 de xuño de 1994, foi un humorista valenciano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fíxose popular no inicio dos anos oitenta con actuacións en varias salas de festas do País Valenciano. Posteriormente gravou diversas cintas cos seus chistes, explicados sempre cun marcado sotaque labrego.
No inicio das emisións da TVV, sempre vestido con camisa negra, faixa e lentes redondas, Don Pío participou en moitos programas de Canal 9, entre os que destaca Rialto Bar, onde tivo un espazo fixo semanal.
Creou diferentes personaxes para os chistes das súas actuacións, como o Ramonet e o Motoret, e popularizou frases como "ie, el de l'oli ja està ací". O seu humor popular perdurou na memoria colectiva de moitos valencianos.
Na década dos noventa formou parte do grupo de humoristas do programa de TVE1 No te rías, que es peor. Tamén colaborou durante algunhas temporadas coa emisión local de Radio Color, hoxe Onda Cero, onde fixo de comentarista nas retransmisións onde xogaba o Valencia CF. A súa afección por este equipo era notoria e entre os seus amigos había futbolistas como Mario Alberto Kempes e outros.
Manuel Melià morreu en 1994[1] por unha afección cardíaca cando estaba nun bar de Valencia. Era casado e tiña dous fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manuel Melià, 'Don Pio', un humorista valenciano El País, 27 de juny de 1994. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- L'humor valencià (Vol. 1), vídeo en YouTube (en catalán)
- Actuación en Rialto Bar (Canal 9), vídeo en YouTube ] (en castelán)