Interior da Domus Municipalis. No centro pódense ver os sumidoiros da cisterna.
A Domus Municipalis (Casa do Municipio) é unha edificación civil de estilo románico situada en Braganza (Portugal), no recinto do castelo de Braganza. En 1910 foi declarada monumento histórico.
A construción data do século XII, aínda que sufriu algunha modificación no século XVI. Ten planta pentagonal irregular, con dous andares. O inferior, un semisoto, é unha dependencia abovedada e pechada que servía de depósito de auga, imprescindible no caso de asedio. O andar superior, con arcos de medio canón e banco corrido de cantería en todo o perímetro, servía de sala de reunión para os edís da cidade, de aí o seu nome de Domus Municipalis.