Dominio de cohesina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dominio de cohesina
dominio de cohesina único da proteína de armazón cipa do celulosoma de Clostridium thermocellum.
Identificadores
SímboloCohesin
PfamPF00963
Pfam clanCL0203
InterProIPR002102
SCOPe1anu / SUPFAM
CDDcd08546

En bioloxía molecular, o dominio de cohesina é un dominio proteico. Interacciona cun domino complementario denominado dominio dockerina. A interacción cohesina-dockerina é a interacción fundamental necesaria para a formación do complexo no celulosoma de certas bacterias (o celulosoma é un complexo multiencimático extracelular unido á parede bacteriana que degrada celulosa).[1]

O compoñente scaffoldina da bacteria celulolítica Clostridium thermocellum é unha proteína non hidrolítica que organiza os encimas hidrolíticos nun gran complexo, chamado celulosoma. A scaffoldina comprende unha serie de dominios funcionais, entre os cales está un único dominio de unión á celulosa e nove dominios de cohesina, que son responsables de integrar as subunidades encimáticas individuais no complexo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shimon LJ, Bayer EA, Morag E, Lamed R, Yaron S, Shoham Y, Frolow F (March 1997). "A cohesin domain from Clostridium thermocellum: the crystal structure provides new insights into cellulosome assembly". Structure 5 (3): 381–90. PMID 9083107. doi:10.1016/s0969-2126(97)00195-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Este artigo contén texto en dominio público procedente de InterPro e Pfam - IPR002102.