Domingo Saavedra Sánchez (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Domingo Saavedra Sánchez
 Sarria
Falecemento20 de novembro de 1976
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiDomingo Saavedra Sánchez
editar datos en Wikidata ]

Domingo Saavedra Sánchez, nado en Sarria e finado en Madrid o 20 de novembro de 1976,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Domingo Saavedra Sánchez.[2] Inspector de traballo, membro de Falange Española ocupou os cargos de delegado do Frente de Juventudes e subxefe provincial do movemento ata que foi nomeado alcalde de Ourense en febreiro de 1956, finalizando un longo período de interinidade no que ocupara o cargo o tenente de alcalde Manuel García Manzano. [3] Polo seu cargo de alcalde foi nomeado procurador nas Cortes. En setembro de 1958 deixou o cargo para ocupar un posto directivo na empresa Barreiros en Madrid.[4]


Predecesor:
Leoncio Areal Herrera
 Escudo de Ourense.svg
Alcalde de Ourense
 
1956 - 1958
Sucesor:
Ramón Taboada Salgado


Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Luz Fernández Rego e foi pai de F. Javier, José Manuel e María Elena Saavedra Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en ABC,25-11-1976, p. 103.
  2. El Progreso,10-2-1956, p. 5.
  3. La Región, 7-2-1956, p. 3.
  4. La Región, 18-9-1958.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]