Dolores Pérez Meirás
Nome orixinal | María Dolores Pérez Meirás |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de decembro de 1964 Ferrol |
Cargos Directora adxunta do CiQUS | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | española |
Formación profesional | Licenciada e doutora en Ciencias Químicas |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | investigadora e catedrática de universidade |
Empregador | MIT, USC |
Dolores Pérez Meirás, nada en Ferrol o 4 de decembro de 1964,[1] é unha química e catedrática galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dolores Pérez estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde realizou a súa licenciatura e o seu doutoramento. Posteriormente realizou unha estadía na Universidade de California en Berkeley en 1992-1993 e foi científica visitante no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1996.[2]
Na actualidade é catedrática de química orgánica en dita Universidade.[3]
A doutora Pérez foi pioneira no descubrimento da participación de arinos intermedios de reacción de vida curta, en procesos catalizados por metais de transición. As súas investigacións actuais céntranse no descubrimento de novas reaccións de interese sintético catalizadas por complexos metálicos e na aplicación da química de arinos, de interese en electrónica orgánica.[4]
Dolores Pérez é a directora adxunta do CiQUS dende 2014,[5] e participou na posta en marcha do mesmo sendo directora comisaria durante o período 2010-2014.
Participou tamén en iniciativas que promoven a presenza das mulleres na ciencia, como en Unha enxeñeira ou científica en cada cole.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dolores Pérez Arquivado 04 de agosto de 2021 en Wayback Machine. en Mulleres expertas.
- ↑ "CiQUS: "Cantera de ciencia en femenino"". CiQUS-USC-Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 11 de febreiro de 20201. Consultado o 31 de outubro de 2020.
- ↑ María Dolores Pérez Meirás na web da USC.
- ↑ Redacción (10 de febreiro de 2020). ""Químicos de Santiago achan un "sorprendente comportamento" no dodecaceno"". GCiencia. Consultado o 31 de outubro de 2020.
- ↑ Dolores Pérez Meirás Arquivado 02 de agosto de 2021 en Wayback Machine. en CiQUS, USC.
- ↑ "Remata o programa "Unha enxeñeira ou científica en cada cole"". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 31 de outubro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- María Dolores Pérez Meirás en USC.
- Dolores Pérez Meirás Arquivado 02 de agosto de 2021 en Wayback Machine. en CiQUS, USC.
- Dolores Pérez en Investigadores de la Universidad de Santiago. USC.
- Dolores Pérez Meirás en Linkedin.