Doină

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Doina é unha especie da lírica popular romanesa, na cal o ser humano, en directa relación coa natureza, expresa os seus sentimentos de soidades.

Segundo as causas que determinan a necesidade de expresarse a través da poesía, hai varios tipos de "doine" :

  • de amor;
  • de "cătănie", cando o home está lonxe dos seus seres queridos porque ten que loitar para defender o seu país;
  • de pobreza;
  • pastorís;
  • de "haiducie", referíndose aos bandidos que vivían nos bosques e que, segundo a mitoloxía popular, eran nobres e xusticeiros;
  • sobre o exilio;
  • sobre o destino.

Dende o punto de vista estilístico, a "doină" destaca en comparación con outras creacións líricas romanesas pola súa riqueza en metáforas e a harmonía que consegue entre o eu lírico e a Natureza circundante, que contribúe a amplificar o estado anímico expresado.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.