Dodecapole

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dodecapole 1.

Dodecapole, tamén coñecidos como Dodecahedron e Porcupine, foron un par de satélites artificiais dos Estados Unidos.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os dous satélites Dodecapole eran esferas de 26 cm de diámetro con doce elementos na superficie que lle permitían despregar doce barras de 1,27 cm de diámetro e 7,62 m de longo normais ás caras dun dodecaedro imaxinario. Os satélites serviron como obxectivos pasivos para a calibración de radares na superficie. Foron construídos polo Naval Research Laboratory. Dodecapole 1 foi lanzado o 9 de marzo de 1965 mediante un foguete Thor Agena, mentres que Dodecapole 2 o foi o 13 de agosto dese mesmo ano mediante un Thor Ablestar.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2023). "DODECAPOLE" (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Dodecapole 1, 2 (Porcupine 1, 2)" (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]