Saltar ao contido

Dioptría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dioptría é a unidade que expresa, con valores positivos ou negativos, o poder de refracción dunha lente ou potencia da lente e que equivale ao valor recíproco ou inverso da súa lonxitude focal (distancia focal) expresada en metros. O seu símbolo é Dp.

O signo + (positivo) corresponde ás lentes converxentes, e o signo - (negativo) ás diverxentes. Así, unha lente cuxa lonxitude focal sexa de +1 metro, terá unha potencia de 1 dioptría, e unha lente de +2 dioptrías é unha lente converxente de distancia focal igual a 0,5 metros.

[P(Dp)= 1/F ; +2Dp(m)= 1/F ; F= 1/2m ; F= 0,5m]

Para unha lente delgada, con dous radis de curvatura, a potencia en dioptrías pode calcularse a partir da seguinte fórmula:

Onde,

P representa a potencia da lente en dioptrías (m).

f a distancia focal, en metros.

n o índice de refracción do material (polo xeral o do aire é de 1,003 e non se ten en conta nesta expresión).

R1 e R2 denotan os radis de curvatura da lente correspondendo R1 ao lado esquerdo da lente e R2 ao lado dereito, estando o seu signo determinado polo criterio xeral de signos en óptica: positivo se o centro de curvatura da superficie está á dereita e negativo se o centro de curvatura se sitúa á esquerda da superficie.

Esta fórmula dedúcese facilmente a partir da ecuación dun dioptro esférico, unha superficie esférica refractora, aplicada sobre dous superficies e na aproximación paraxial de ángulos pequenos.

Ténense tres materiais con índices de refracción na, nb, nc separados por superficies esféricas. Tomamos na=1 ao haber aire nun extremo da lente e nc=1 ao haber tamén aire no outro extremo. A superficie da lente ten un raio exterior R1 e un raio interior R2, onde o raio interior é maior que o exterior. Logo:

Aplicando na=1, nc=1 e que s1=-S2 entón:

Sumando estas dúas ecuacións queda:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]