Saltar ao contido

Dinobots

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os dinobots son un grupo dentro dos Autobots, nos cómics e nas series de televisión de Transformers.

Son o grupo máis novo e naceron na Terra, non en Cybertron.

Logo de estrelárense a Arca na Terra e de durmiren durante milleiros de anos. A computadora da Arca comeza a reactiva-los autobots. Estes con pouca enerxía, necesitan máis robots para atopa-lo seu combustible básico: o energón. Así, co oficial médico á cabeza (Ratchet), comezan a construír robots segundo os datos que a computadora rexistrara durante eses milleiros de anos. Polo que os robots terán a propiedade de transformárense en dinosauros.

Composición

[editar | editar a fonte]

O seu líder é Grimlock, un dos transformers máis fortes de tódolos tempos. Con mala capacidade de falar, autoproclamarase Rei Autobot nos cómics, na ausencia de Optimus Prime. Equilibrará entre o ben autobot e o mal decepticon, ata que trala destrución da matriz autobot do liderado e a morte de Unicron e Optimus Prime, será formalmente o novo líder Autobot (ata a chegada do Derradeiro Autobot, que volve unir a tódolos Transformers).