Dienas Lapa
Dienas Lapa foi un xornal que se publicou en Riga entre 1886 e 1905 e en 1913 e 1914. Foi un dos xornais letóns máis populares da súa época[1], editado unha sociedade de axuda mutua de artesáns de Riga. O seu primeiro editor foi Fricis Bergmanis, que lle deu ao xornal unha tendencia de reivindicación social, Pēteris Stučka foi o editor entre 1888 e 1891 e de novo en 1895-1897 e entre 1891 e 1895 foino o escritor Jānis Pliekšāns (Rainis), Eles dous déronlle ao xornal unha liña marcadamente marxista. Tiña aproximadamente 2000 subscritores. En 1897 as autoridades pechárono e tras algúns meses volveu saír pero cunha orientación máis moderada, non obstante en 1903 as autoridades volvérono prohibir durante algúns meses. En 1905 as autoridades pecharon definitivamente a publicación, e en 1913 volveu ao prelo durante un ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vardarbības freims 1905. gada notikumu atspoguļojumā laikrakstā "Dienas Lapa" Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (PDF), Ivetas Tunnes raksts žurnāla "Latvijas Arhīvi" 2005. gada 4. numurā, informācija iegūta 10.03.2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dienas Lapa no LNB (en letón)
- Dienas Lapa, Historia.lv (en letón)
- Диенас лапа Lielajā Padomju Enciklopēdijā (en ruso)