Diccionario enciclopédico galego universal
DE GU Diccionario Enciclopédico Galego Universal | |
---|---|
Lombos do DEGU. | |
Título orixinal | Diccionario enciclopédico galego universal |
Autor/a | Ed. e director: Bieito Ledo Cabido Xerente: Xelasio Suárez Santiso |
Orixe | Galicia. |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Consulta (enciclopedia). |
Editorial | Ir Indo para La Voz de Galicia |
Data de pub. | 2003-2004 |
Formato | 195 x 290 mm |
Páxinas | 7.680 (128 x 60 t.) [1] |
ISBN | ISBN 84-7680-429-6 (obra completa) [2] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética de sesenta volumes, editada en galego, no ano 2003.
Descrición
[editar | editar a fonte]Feita por Ir Indo Edicións para La Voz de Galicia, os sesenta volumes distribuíronse cos exemplares dos martes e xoves do xornal,[1] desde o 14 de setembro de 2003, en que comezou cunha tirada de 80.000 exemplares.[3]
O DEGU, que comparte en gran medida contidos coa Enciclopedia Galega Universal, inclúe, entre outra información, entradas de tódalas parroquias, comarcas, vilas e cidades de Galicia, as poboacións españolas de máis de 1.500 habitantes, cidades europeas de máis de 50.000 habitantes e poboacións de máis de 100.000 habitantes do resto do mundo.[4]
Na derradeira páxina (128 do tomo "60 vot~zw") inclúe unha fe de erratas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Una edición muy cuidada en los contenidos y en la presentación"[Ligazón morta]
- ↑ Base de datos de libros editados en España Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
- ↑ "La Voz de Galicia lanza o DEGU, unha adaptación da Enciclopedia Galega Universal..." CCG, 17/9/2003.
- ↑ ""Ciudades, villas, parroquias y lugares de Galicia y del resto del mundo"". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.