Dial MIKA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dial-MIKA»)
Dial MIKA
TipoTecnolóxico
OrganizaciónDFVLR
Destino actualRetirado
Data de lanzamento10 de marzo de 1970[1][2][3]
Foguete portadorDiamant B[2][3][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][5]
Obxectivo da misiónMedición do rendemento do foguete Diamant B.[2]
Decaemento9 de setembro de 1974[1]
NSSDC ID1970-017B
Masa111 kg[2][5]
DimensiónsCilindro de 1,5 m de longo e 0,8 m de diámetro.[5]

Dial Mika (acrónimo de Diamant Allemagne - Mini Kapsel) foi un satélite artificial de Francia e Alemaña lanzado a bordo dun foguete Diamant B o 10 de marzo de 1970 para medir o seu rendemento.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

O satélite consistía na terceira etapa do Diamant B e o propio Dial Mika. Tiña forma cilíndrica, con 1,5 m de longo e 0,8 m de diámetro. A súa masa total era de 111 kg e alimentábase mediante baterías. A súa vida útil debía ser de unha hora despois do lanzamento. A misión completaríase despois da separación entre Dial Mika e Dial Wika a unha altura duns 350 km.[2][4]

Dial Mika fallou durante o lanzamento debido a vibracións da primeira etapa do foguete.[2][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "DIAMANT R/B(MIKA)" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (5 de setembro de 2019). "DIAL/MIKA" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (04-51402(E)): 3. 2 de marzo de 2004. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Dial-Mika" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "Dial MIKA" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]