Diada de Cataluña
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d7/Rafael_Casanova_11_Setembre.jpg/220px-Rafael_Casanova_11_Setembre.jpg)
A Diada Nacional de Cataluña ou Diada do Once de Setembro (en catalán: Diada de l'Onze de Setembre) é a festa nacional de Cataluña, que ten lugar cada 11 de setembro.
Historia
[editar | editar a fonte]Este día conmemórase a caída de Barcelona despois de meses de asedio en 1714 perante o duque de Berwick durante a Guerra de Sucesión na que os Borbón, co seu candidato, o futuro Filipe V, e a casa dos Austrias, co arquiduque Carlos, loitaban para se faceren coa coroa de España.
Coa vitoria da dinastía dos Borbón, implántase un sistema político uniforme, derrogándose os privilexios nobiliarios e os sistemas legais provenientes dos diferentes reinos medievais que formaban a España da época. Por iso, o 11 de setembro tamén se lembra a conseguinte abolición das institucións catalás rexidas pola dinastía dos Austrias.
Institucionalización
[editar | editar a fonte]O Parlamento de Cataluña, no ano 1980, declarou institucionalmente o 11 de setembro como festa nacional de Cataluña. Así fica recollido no artigo 8.1 do Estatuto de Autonomía de 2006, onde se declara:
Cataluña, definida como nacionalidade no artigo 1, ten como símbolos nacionais a bandeira, a festa e o himno.
e no artigo 8.3, que establece:
A festa de Cataluña é a Festividade do Once de Setembro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diada de Cataluña ![]() |