Dhoodaan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dhoodaan
Nacemento1941
 Etiopía
Falecementoabril de 2013
NacionalidadeEtiopía
Ocupaciónescritor e poeta
editar datos en Wikidata ]

Cabdullahi Macallin Axmed, coñecido co alcume literario de Dhoodaan (Dollo, 1941 - abril de 2013) foi un escritor etíope de lingua somalí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de pastores de Ogadén, territorio de lingua somalí, non tivo educación formal, opúxose o réxime revolucionario etíope. Aínda que ten escasa obra publicada, considérase un dos grandes poetas da literatura somalí e os seus poemas son moi populares para os somalís.