Deferribacteres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deferribacteres
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Deferribacteres
Clase: Deferribacteres Huber and Stetter 2002
Orde: Deferribacterales Huber and Stetter 2002
Familia: Deferribacteraceae Huber and Stetter 2002
Xéneros


Os Deferribacteres son un grupo de bacterias que comprende unha soa familia (Deferribacteriaceae) e están clasificados no seu propio filo. [1]

Os xéneros Deferribacter e Geovibrio son anaerobios, pero con certa versatilidade, xa que poden usar diversos aceptores finais de electróns, entre eles o ión férrico, entanto que Flexistipes é anaerobio estrito.

O nome do filo deriva do nome do xénero Deferribacter, que procede do latín:
prefixo de + ferrum, "ferro"" + o nome neolatino masculino bacter, que significa "bastón" ou aquí "bacilo", é dicir, "bacilo que reduce ferro".

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada deste grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [2] [3] e a filoxenia está baseada nas secuencias dos ARNr de 16 S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree. [4]




Flexistipes sinusarabici Fiala et al. 2000


  Deferribacter


D. desulfuricans Takai et al. 2003



D. thermophilus Greene et al. 1997





D. abyssi Miroshnichenko et al. 2003



D. autotrophicus Slobodkina et al. 2009







Calditerrivibrio nitroreducens Iino et al. 2008




Mucispirillum schaedleri Robertson et al. 2005




Denitrovibrio acetiphilus Myhr e Torsvik 2000


  Geovibrio

G. ferrireducens Caccavo et al. 2000



G. thiophilus Janssen et al. 2002







Notas[editar | editar a fonte]