De Havilland Dragon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
de Havilland Dragon
Tipopasaxeiros/transporte militar/adestramento
Fabricantede Havilland
Primeiro voo12 de novembro de 1932
Introducidoabril de 1933
Unidades construídas202

O de Havilland DH.84 Dragon é un exitoso pequeno avión comercial deseñado e fabricado pola compañía británica de Havilland.

Deseño e fabricación[editar | editar a fonte]

Tras o éxito comercial do seu monomotor de Havilland Fox Moth, que voara por vez primeira en marzo de 1932, o operador comercial orixinal, Hillman's Airways, solicitou a construción dunha versión máis grande con dous motores. Tratábase dun deseño sinxelo e lixeiro cunha fuselaxe en caixa de madeira contrachapada usando o mesmo tipo de motor e seccións exteriores das ás semellantes ao Fox Moth. Orixinalmente designouse DH.84 "Dragon Moth" pero foi comercializado como "Dragon". O prototipo voou por vez primeira no aeródromo de Stag Lane o 12 de novembro de 1932. Este avión e os catro seguintes entregáronse a Hillman's que comezou a operalos comercialmente en abril de 1933. Pdían levar seis pasaxeiros, cada un deles con 20 kg de equipaxe, na ruta Londres-París consumindo 49 l de combustible por hora. Os paneis exteriores das ás podía pregarse fara facilitar o seu almacenamento.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jackson 1973, p. 122

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jackson, A.J. (1973). British Civil Aircraft since 1919 Volume 2. London: Putnam. p. 382. ISBN 0-370-10010-7.