Saltar ao contido

Daredevil (Marvel)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Daredevil (Matt Murdock) é un superheroe do Universo Marvel de Marvel Comics, creado polo escritor Stan Lee e polo debuxante Bill Everett, que fixo a súa primeira aparición en Daredevil #1 (abril de 1964).

Biografía ficticia

[editar | editar a fonte]

Matt Murdock é un rapaz que vive en Hell's Kitchen (Nova York), e que queda cego polo contacto cunha substancia radioactiva. Malia non poder ver, a exposición á radioactividade potencia o resto dos seus sentidos a nivel sobrehumano. O seu pai, un boxeador chamado Jack Murdock, é asasinado por gánsters ao rexeitar deixarse gañar nun combate. Matt busca vingarse dos asasinos do seu pai, para o que tranfórmase en Daredevil, e posteriormente loitará con moitos inimigos do crime organizado, incluíndo Bullseye e Kingpin.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.