Darío Germil
Germil | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Darío Martínez Germil | ||
Nacemento | 27 de xuño de 2002 | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela | ||
Posición | Dianteiro centro | ||
Información de club | |||
Club actual | Fabril | ||
Carreira xuvenil | |||
2010–2020 | Xuventude Oroso | ||
2020–2021 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2018–2020 | Sigüeiro | 29 | (7) |
2021–2022 | Celta B | 7 | (0) |
2021–2022 | Gran Peña | 31 | (18) |
2022–2023 | → Compostela (cedido) | 33 | (12) |
2023–2024 | Betis Deportivo | 24 | (0) |
2024– | Fabril | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 19 de agosto de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Darío Martínez Germil, coñecido futbolisticamente como Diego Germil ou simplemente Germil, nado en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 2002, é un futbolista galego que xoga como dianteiro centro no Fabril, da Segunda Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Santiago de Compostela, criouse nas Cancelas e máis tarde no Meixonfrío, onde comezou a xogar ao fútbol.[1] Con oito anos ingresou na canteira do Xuventude Oroso, onde permaneceu durante unha década, escalando polas diferentes categorías do club.[2] Durante a súa etapa xuvenil alternou co primeiro equipo do Sigüeiro, co que conseguiu un ascenso a Preferente.[2]
No verán de 2020 fichou polo equipo xuvenil do Celta de Vigo, aínda que unha rotura do ligamento cruzado do xeonllo mantívoo afastado durante meses dos terreos xe xogo. Un ano despois debutou co Celta B na nova Primeira División RFEF.[3] Con todo, pasou a maior parte da tempada 2021/22 nas filas do Gran Peña, na Preferente Sur. Para a campaña 2022/23 foi cedido ao Compostela, onde rendeu a un bo nivel, anotando 12 goles en 33 partidos.[4]
En agosto de 2023 cambiou Vigo por Sevilla, asinando como novo xogador do Betis Deportivo, da Segunda Federación.[5] No club andaluz disputou 24 partidos, só 7 deles como titular.
En agosto de 2024 anunciouse o seu regreso a Galicia, para asinar como novo xogador do Fabril, da mesma categoría.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "“De pequeño veía el césped de San Lázaro y creía que no lo podía ni pisar, era otro nivel”". El Correo Gallego (en castelán). 16 de febreiro de 2023. Consultado o 19 de agosto de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 "Darío, un goleador santiagués para o ataque da SD Compostela". 8 de agosto de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2024.
- ↑ "Darío Germil, primer jugador procedente del juvenil en debutar este curso con el Celta B". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 2024. Consultado o 19 de agosto de 2024.
- ↑ "La SD Compostela se despide de Darío Germil, que permanecerá en el Celta Fortuna". El Correo Gallego (en castelán). 19 de agosto de 2024. Consultado o 19 de agosto de 2024.
- ↑ "Darío Germil cambia el Celta por el Betis". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 2023. Consultado o 19 de agosto de 2024.
- ↑ "El Dépor ficha al delantero bético Darío Germil para su filial". DxT Campeón (en castelán). 19 de agosto de 2024. Consultado o 19 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).