Dalmacio Giráldez Buceta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1881 Valeixe, España |
Morte | 22 de marzo de 1957 (75 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico |
Dalmacio Giráldez Buceta, nado en Valeixe (A Cañiza) o 9 de decembro de 1881 e finado na Habana o 22 de marzo de 1957, foi un farmacéutico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do comandante Benito Giráldez González e de Gumersinda Buceta Rivera. Estudou o Bacharelato no Instituto da Coruña,[1] e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.[2] Marchou a Cuba cara a 1912 instalándose en Baracoa onde abriu unha farmacia. Foi vogal da directiva do Comité Pro-Libertad de España contra a ditadura de Primo de Rivera.[3] Visitou Valeixe en 1928.[4] Retornou a España en xullo de 1929,[5] e instalouse en Madrid, onte estivo adherido á Liga Nacional Laica.[6] Na República viaxou varias veces as Cuba. Pasaba moitos veráns en Valeixe.[7][8][9] Volveu a Cuba, onde morreu en 1957.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Angustias Rodríguez e foi pai de Hilda, Elena e Rosa Giráldez Rodríguez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 22-6-1901, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 28-2-1903, p. 1.
- ↑ Eco de Galicia, 5-4-1925, p.2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-10-1928, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-7-1929, p. 9.
- ↑ Ficha de Dalmacio Giraldez Bureta
- ↑ Faro de Vigo, 20-8-1932, p. 6.
- ↑ Tribuna, 2-9-1934, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-8-1935, p. 9.