DS Framnæs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O DS Framnæs foi un barco de vapor noruegués construído en Escocia en 1858 para a Nordre Bergenhus Amts Dampskibe, compañía pública fundada nese ano e que encargara dous barcos de vapor, o outro foi o DS Fjalir, co cometido de realizar o transporte marítimo no condado de Nordre Bergenhus. O navío chegou o 2 de decembro de 1858 ó porto de Bergen e permaneceu en servizo ata 1951, foi o navío noruegués que máis tempo permaneceu activo, 93 anos.