DIMM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DIMM (Dual In-line Memory Module) é un módulo de RAM, que substituíu o SIMM cando os microprocesadores Pentium se impuxeron no mercado. É semellante ao SIMM pero ten os contactos distribuídos nas dúas bandas, e soportan bus de memoria de 64 bits ou maiores.

Tipos[editar | editar a fonte]

  • DIMM de 72 conectores, contén chips SO DIMM
  • DIMM de 144 conectores, contén chips SO DIMM
  • DIMM de 168 conectores, contén chips SDRAM, é o máis empregado
  • DIMM de 184 conectores, contén chips DDR SDRAM
  • DIMM de 240 conectores, contén chips DDR2 SDRAM