Día nacional de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clausura do día nacional de Romanía

O Día Nacional de Romanía, ou Día da Grande Unión (en romanés: Ziua Marii Uniri), celebrado cada primeiro de decembro, festexa a memoria do día 1 de decembro de 1918, cando en Alba Iulia, cidade da provincia de Transilvania asínase a Unión de todas as provincias de Romanía: Valaquia, Moldavia, Basarabia, Bucovina e Transilvania.

Entón Romanía tamén integrara á República Moldova (Basarabia), o Banato e a Dobruja Meridional, así mesmo coñecida como o Cuadrilátero, territorios que xa non forman parte do país na actualidade. Coa unificación de 1918 Romanía aproximouse a duplicar o seu tamaño.

No ano 1940, Romanía perde Basarabia e Bucovina, tras o Pacto Ribbentrop-Molotov, as dúas rexións pasan a anexionarse á República Soviética. O norte de Transilvania pasa a Hungría, así como o sur de Dobruja (o Cuadrilátero) a Bulgaria.

O 1 de decembro é día festivo para as traballadoras do país e tradicionalmente un desfile militar é o principal evento na capital, Bucarest. O desfile inclúe máis de 2000 tropas incluíndo equipos militares estranxeiros invitados, ao redor de 140. No resto do Estado varios eventos conmemoran as baixas da primeira guerra mundial, e recentemente varios Concellos inclúen concertos na programación do día libre, transformando a celebración a un tipo festivo máis popular.