Día da Cosmonáutica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Día Mundial da Aviación e a Cosmonáutica é unha festividade que se celebra o 12 de abril, establecida para conmemorar a primeira viaxe espacial tripulada polo ser humano.

O 12 de abril de 1961 o cosmonauta soviético Iuri Gagarin, a bordo da nave espacial "Vostok 1", orbitou a Terra por vez primeira.[1]

Establecemento da festividade[editar | editar a fonte]

Na Unión Soviética a festividade foi establecida o 9 de abril de 1962 polo Presidium do Soviet Supremo da URSS. Celébrase baixo o nome de Día da Cosmonáutica (en ruso: День космонавтики).

A data foi establecida por decisión da Federación Aeronáutica Internacional.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]