Cyntia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cyntia é unha banda de heavy metal feminina xaponesa formada no 2011.

Historia[editar | editar a fonte]

A guitarrista Yui e a batería Kanoko formaron Cyntia en abril de 2011 despois de coñecerse na gravación dun videoclip musical de Liv Moon. No verán recrutaron á teclista Ayano e á baixista Airi, que foron seguidas pola vocalista e antiga idol Saki en novembro despois de facer audicións. O nome Cyntia é a pronunciación inglesa de Cynthia, outro nome para a deusa grega Ártemis. O seu primeiro sinxelo, "Run to the Future" foi lanzado en abril de 2012 en Bright Star Records, o cal á súa vez foi creado por outra banda de heavy metal feminina, Aldious. Pouco tempo despois, Airi cesou as súas actividades coa banda debido a problemas de saúde e Azu de LAZYgunsBRISKY foi a elixida como nova baixista. Airi deixou o grupo oficialmente en xuño, pero a banda sacou o seu primeiro álbum, Endless World, en setembro. Azu volveuse membro oficial en novembro.

En xaneiro de 2013, Cyntia foi abreconcertos da banda de pop surcoreana Kara no seu concerto no Tokyo Dome. A banda lanzou o seu primeiro álbum cunha gran discográfica, Lady Made, en marzo baixo a marca Victor Entertainment. Despois disto, Cyntia foi abreconcertos da banda de metal americana Kamelot na súa xira polo Xapón.

A súa canción "Senko Strings" foi usada como a cuarta canción de peche no anime Saint Seiya omega e foi lanzada como sinxelo en xaneiro de 2014. Do mesmo modo, "Kiss Kiss Kiss" foi usada como a canción de entrada no especial de 2014 do drama televisivo Itazura na Kiss 2 ~Love in Okinawa, e foi lanzada como un sinxelo en xaneiro de 2015. Un mes despois, "Akatsuki no Hana" foi usada como a segunda canción de entrada no anime Akatsuki no Yona. Cyntia, nese mesmo ano, tamén actuou no festival de rock feminino Naon no Yaon, creado por Show-Ya.

A batería e cofundadora, Kanofo, deixou o grupo en abril de 2015. Cyntia lanzou o seu álbum Urban Night o 4 de decembro de 2016, baixo a marca VAA (Village Again Association). Na canción "Bless of the Fire" tamén participa Toki, a guitarrista de Aldious.

Membros[editar | editar a fonte]

• Saki - vocalista

• Yui - guitarra, coros

• Ayano - teclado, piano, coros

• Azu - baixo, piano, coros (2012-presente)

Antigos membros

• Airi - baixo (2011-2012)

• Kanoko - batería, percusión, coros (2011-2015)

Discografía[editar | editar a fonte]

Singles

Data de lanzamento Título Oricon
11 de abril de 2012 "Run to the Future" 42
31 de xullo de 2013 Return to Myself ~ Shinai, Shinai, Natsu." (Return to Myself~しない、しない、ナツ。) 36
8 de xaneiro de 2014 "Senko Strings" (閃光ストリングス) 13
3 de setembro de 2014 "Shori no Hanataba o -Gonna Gonna Be Hot!-" (勝利の花束を-gonna gonna be hot!-) 39
7 de xaneiro de 2015 "Kiss Kiss Kiss" 33
18 de febreiro de 2015 "Akatsuki no Hana" (暁の華) 100

Álbums

Data de lanzamento Título Oricon
5 de setembro de 2012 Endless World 42
20 de marzo de 2013 Lady Made 35
12 de febreiro de 2014 Limit Break 9
18 de febreiro de 2015 Woman 37
4 de decembro de 2016 Urban Night 33