Cuádrupla Alianza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cuádrupla Alianza pode estar referido a:

  • Cuádrupla Alianza, establecida en 1673 entre o Sacro Imperio Romano Xermánico, España, as Provincias Unidas dos Países Baixos e Carlos IV de Lorena, no contexto da Guerra Franco-Holandesa;
  • Cuádrupla Alianza, formada segundo o tratado de Londres de 1718 polo Sacro Imperio Romano Xermánico, o Reino de Gran Bretaña, Francia e as Provincias Unidas dos Países Baixos para enfrontárense a España;
  • Cuádrupla Alianza, formada en 1815 por Gran Bretaña, Rusia, Austria e Prusia co fin de regular a situación política en Europa tras a derrota dos exércitos de Napoleón Bonaparte; Francia adheriríase a esta alianza en 1818;
  • Cuádrupla Alianza, asinada en 1834 entre Gran Bretaña, Francia, España e Portugal para apoiar a Isabel II de España e María II de Portugal contra os pretendentes aos seus respectivos tronos;
  • Cuádrupla Alianza, alianza formada en 1873 polo Salvador, Guatemala e Nicaragua (que formaban a Tripla Alianza de 1873) con Honduras, para enfrontárense a Costa Rica.