Cruceiro do adro de San Roque de Melide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cruceiro de Melide»)

Coordenadas: 42°54′49″N 8°00′47″O / 42.913736111111, -8.0130722222222

Cruceiro de Melide
Vista do cruceiro
Presentación
LocalizaciónMelide
DirecciónAdro da capela de San Roque
TipoCruceiro
Construción
Data da construciónSéculo XIV

O Cruceiro do adro de San Roque de Melide está situado ao carón da capela de San Roque en Melide. A súa cruz é de estilo gótico, do século XIV e, segundo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, vén sendo o cruceiro máis antigo de Galicia.[1] Está formado por unha base de pedra sobre a que se sitúa unha columna octogonal recente. Un aro de ferro une a columna á cruz. Na parte frontal amósase unha escena de Cristo en Maxestade cos brazos abertos e en alto e as palmas das mans mirando á fronte. Na parte traseira atópase a escena da Crucifixión de Xesús.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

{{Galería Melide 2-02.jpg|Cristo en maxestade Melide Galiza 2008-02-07 19.jpg|Crucifixión }}

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]