Chronicon Iriense
Chronicon Iriense | |
---|---|
Orixe | Reino de Galicia |
Lingua | lingua latina |
Xénero(s) | crónica |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Chronicon Iriense é unha curta crónica medieval en latín sobre a historia da diocese de Iria Flavia (predecesora da arquidiocese de Santiago de Compostela), entre os anos 561 e 982.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Nos manuscritos medievais adoita aparecer unida á Historia Compostellana, se ben tamén aparece en solitario nalgúns manuscritos do século XII. Quizais foi escrita para completar a parte da fundación da diocese anterior ao narrado na Historia, pero unha parte do persoal que o investiga, como Justo Pérez de Urbel e Rubén García Álvarez, defende que foi creada xusto despois dos últimos eventos narrados, cara ao ano 982, polo daquela recentemente deposto bispo Paio Rodríguez.
O Chronicon comeza no ano 561, con Andrés, bispo durante o Primeiro Concilio de Braga, e continúa até o episcopado de Pedro Martínez de Monsoncio. Menciona o descubrimento do presunto corpo do Apóstolo Santiago durante o bispado de Teodomiro, no reinado de Afonso o Casto, pero non se di o lugar onde se atopou o corpo. Segundo o Chronicon, Teodomiro foi o primeiro bispo da nova diocese en Santiago de Compostela, durante o reinado de Carlomagno.
Edicións
[editar | editar a fonte]- En Juan de Ferreras, ed. Historia de España, XVI (Madrid: 1727)
- En Enrique Flórez, ed. España Sagrada, XX (Madrid: 1765), 598–608.
- En Rubén García Álvarez, ed. "El Cronicón Iriense" (Madrid: 1963).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barton Sholod. 1966. Charlemagne in Spain: The Cultural Legacy of Roncesvalles (Geneva: Librairie Droz), p. 129.
- José-Luis Martín. 1965. "Pelayo Rodríguez, obispo de Santiago (977–985)", Anuario de los estudios medievales, 2, 474.