Crispy Park é o sétimo álbum do grupo de J-Pop chamado Every Little Thing, lanzado ó mercado o 9 de agosto do ano 2006 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. O álbum ten un nome pouco convencional, que segundo se pode ler na páxina oficial da banda significa "unha agradable atmosfera que é a vez fresca e excitante" (新鮮でワクワクするような楽しい雰囲気). O álbum inclúe singles que nunca antes apareceran nalgún álbum, como son "Koibumi", "Kimi no te" e "azure moon". Nas primeiras edicións á venda incluíase un libro especial de sesenta páxinas, ademais dun DVD con material exclusivo como o concerto que a banda realizou en Nagasaki para o Nadal de 2005. As cancións sete e doce son instrumentais.