Crates de Atenas (filósofo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCrates de Atenas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte268 a. C. ↔ 264 a. C. Editar o valor em Wikidata
Scholarch of the Platonic Academy (en) Traducir
270 a. C. – década de 260 a. C.
← Polemo (pt) TraducirArcesilau (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
MovementoPlatonismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPolemo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosArcesilau (pt) Traducir, Bión de Borístenes, Teodoro o Ateo e Crantor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Crates de Atenas (en grego antigo Κράτης, en latín Crates), finado polo 268-264 a.C., fillo de Antíxenes, foi un filósofo grego discípulo, amante e amigo de Polemón de Atenas, e o seu sucesor como escolarca na Academia ao redor do -270. Segundo Dióxenes Laercio, que reproduce un epigrama de Antágoras de Rodas, compartían filosofía, compartían casa e mesmo compartiron tumba.

Arcesilao de Pítana foi o seu discípulo. Deixara a escola de Teofrasto para incorporarse á de Crates. Dióxenes Laercio dixo que Crates sempre tiña unha mesa posta na casa de Crántor de Soli, e que ambos convivían amorosamente con Arcesilao. Cando Crates morreu deixou escritos varios libros.

Os seus discípulos máis insignes foron, ademais do filósofo Arcesilao, Teodoro Ateo (fundador dunha seita filosófica), Bión de Borístenes e tamén Crántor de Soli.

Obras[editar | editar a fonte]

Os seus escritos perdéronse, mais Dióxenes Laercio comentou que trataban sobre filosofía, obras de teatro e comedias e algunhas eran coleccións de discursos, pero seguramente os discursos eran de Crates de Trales.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dióxenes Laercio. περὶ βίων, δογμάτων καὶ ἀποφθεγμάτων τῶν ἐν φιλοσοφία εὐδοκιμησάντων (Sobre as vidas, as opinións e as sentenzas dos filósofos ilustres) IV, 21-23
  2. Smith, William (ed.). "Crates of Athens". A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Consultado o 5 de outubro de 2022.