Cró!
Cró! | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galicia |
Período | 2007-presente |
Xénero(s) | rock instrumental |
Selo(s) discográfico(s) | Metamovida, Nooirax, La Choza de Doe |
Membros | Cibrán Rey David Santos Rubén Abad Xabier Núñez Borja Bernárdez |
Na rede | |
http://www.spacecro.com/ |
Cró! é unha banda de rock instrumental de Vigo formada no ano 2007. Está composta por Cibrán Rey (batería e coros), David Santos (baixo e coros), Rubén Abad (guitarra e voz) e Xabier Núñez (teclados e voz), acompañados por Borja Bernárdez que aporta visuais en tempo real aos seus concertos.[1] Forman parte do colectivo musical La Metamovida, que aúna grupos das cidades de Pontevedra e Vigo.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Cró! formouse no ano 2007. Os seus membros xa se coñecían anteriormente de tocar xuntos. David Santos e Rubén Abad tocaran en Tá e Es un árbol, e cos demais coincidiran tocando no instituto ou nalgún bar. Nese ano coincidiron todos nunha jam e decidiron formar a banda. Comezaron a ensaiar xuntos e en seis meses lanzaron a súa primeira maqueta.[3]
No ano 2009 a banda autoeditou o seu álbum de estrea, Cró!, e comezou unha xira promocional por España, Francia e Portugal.[1] Cro! xa coñecía a Why Go e Buogh! e nese tempo coñeceron a Unicornibot, nacendo o colectivo La Metamovida.[3]
En abril de 2011 Cró! publicou Dime que quedó grabado!, un álbum con improvisacións gravados nos seus ensaios entre 2007 e 2011.[4] O 2 de xullo de 2012 apareceu o seu segundo álbum de estudio, ONKALO, financiado a través do micromecenado e publicado por Metamovida.[3][5] Na súa xira de promoción tocarían en Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Francia e Portugal.[1]
No ano 2013 o grupo foi o gañador na categoría pop-rock do XXV concurso Villa de Bilbao.[6] Cos cartos do premio Cró! financiou a gravación do seu seguinte traballo.[3] PERA foi gravado en xaneiro de 2014 no estudio Brazil de Madrid e foi editado o 28 de marzo dese ano a través do selo Metamovida.[7]
Entre o 2014 e o 2015 Cró! realizou unha xira internacional para promocionar PERA.[1] No ano 2014 tamén foron os gañadores do premio ao mellor grupo de rock da Asociación Músicos ao Vivo.[8]
O 2 de decembro de 2016 a banda publicou o seu cuarto álbum de estudio, Mounstros, coeditado polos selos Metamovida, Nooirax e La Choza de Doe. Ao igual que o seu anterior traballo, Mounstros gravouse no estudio Brazil.[9]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Cró! | 2009 | autoeditado | |
Dime que quedó grabado! | 2011 | autoeditado | improvisacións |
ONKALO | 2012 | Metamovida | |
PERA | 2014 | Metamovida | |
Mounstros | 2016 | Metamovida/Nooirax/La Choza de Doe |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Cró! (ed.). "Dossier" (PDF). Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ Metamovida (ed.). "Qué". Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Cró!". La Fonoteca. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "Dime que quedó grabado! (improvisaciones) by Cró!". Bandcamp. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "ONKALO by Cró!". Bandcamp. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "El grupo vigués Cró! gana el XXV concurso Villa de Bilbao". La Voz de Galicia. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "PERA by Cró!". Bandcamp. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "A asociación Músicos ao Vivo entregou esta noite os II Premios Martín Códax da Música, que contan co apoio da Consellería de Cultura e Educación". Consellería de Educación. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "Mounstros by Cró!". Bandcamp. Consultado o 20 de outubro de 2018.