Coñecemento declarativo
Aparencia
En psicoloxía cognitiva, o coñecemento declarativo ou coñecemento de feitos é unha das dúas maneiras en que se almacena a información na memoria a longo prazo. O coñecemento declarativo é información consitente en feitos, conceptos ou ideas coñecidos conscientemente e que se poden almacenar como proposicións.
Por exemplo, o sistema verbal en galego pódese presentar como un conxunto de datos (formas verbais), regras etc., que se poden aprender como coñecemento declarativo.