Conversa usuario:Xacobe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Xacobe, é conveniente que leas as normas e políticas da Galipedia, verás que non se deben modificar os nomes das categorías, se non che gusta o nome pódese discutir na Taberna. E en canto a Galiza ou Galicia as dúas son formas válidas, Galicia é correcto polo que non se debe mudar por Galiza e Galiza é correcto polo que non se debe mudar por Galicia. Saúdos e para calquera dúbida ou consulta podes acudir á Taberna ou ben preguntar a calquera colaborador.--Rocastelo 23:58, 31 xullo 2005 (UTC)

  • Benvido á Galipedia Xacobe, sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores. Nesta wikipedia existen moitos documentos, froito do traballo da comunidade, que dan resposta a situacións que suceden no wiki. Sobre os termos Galicia-Galiza como xa dixen na taberna en Wikipedia:Política e normas:Toponimia está a política establecida ao respecto. Por outra parte, un bo comezo e ler os documentos (alo menos en parte e aínda que sexa pouco a pouco) que en Wikipedia:Axuda, en Wikipedia:Portal da comunidade ou nos enlaces da parte superior de cambios recentes ofrecen directrices sobre como editar neste wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:13, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Tarde coma sempre para dar unha benvida, tamén recordar que cando poidas, non esquezas de reflexar na túa páxina de usuario os proxectos que tes con esta Galipedia. saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 16:05, 1 agosto 2005 (UTC)

Bolxevique[editar a fonte]

#redirect [[Pos aquí o nome do artigo ao que o redirixes]] .
Non sei se che resolvín o problema.--Rocastelo 22:04, 1 agosto 2005 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Xacobe. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:40, 6 decembro 2006 (UTC)

Borrei esta imaxe cargada por ti. A orixe era Commons:Image:Serov-Lenin proclaims Soviet power.jpg. A orixe foi borrada de Commons por copyvio. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:27, 31 decembro 2007 (UTC)