Conversa usuario:VilaLois

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia VilaLois: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 12:32, 21 agosto 2006 (UTC)

Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (faiz
click no penúltimo botón da barra que
está encima de la caja de edición, o que
ten unha sinatura como debujo).

A entrada en portugués é Pt:Villayón. Podes estar de acordo ou non. Se non estás de acordo, coméntao en pt.wiki. A interwiki ten que ser dirixida ó artigo que hai, non a un artigo inexistente. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:55, 25 agosto 2006 (UTC)

Contrasinal e outras cousas[editar a fonte]

Ola Villalois. (Perdoa se che digo cousas que xa sabes, pero considero preferible dicir de máis ca de menos)

Contrasinal e e-mail[editar a fonte]

Hai un sistema para solucionar que se esqueza o contrasinal. Para que funcione tes que introducir o teu correo (Aínda que introduzas o correo, permanecerá invisible e, se non activas outra opción que hai, non podes recibir mensaxes doutros usuarios por ese medio, polo que serve exclusivamente para iso). Unha vez introducido o correo, se non lembras o contrasinal, fas click no botón envíame un contrasinal novo. Inmediatamente envíaseche un contrasinal á túa conta de correo, sendo válidos nese momento tanto o que se che envía como o anterior.

Se despois queres cambiar o contrasinal tes que facer o seguinte:

  1. Rexistrarte
  2. Á mesma altura á que está o enlace para rexistrarte, na parte superior da páxina (cara á dereita), fai click en preferencias (hai unha serie de ligazóns: a primeira, co teu nome, é a túa páxina de usuario, aí podes escribir datos persoais. A segunda é a túa páxina de discusión, onde se poñen en contacto contigo os demais usuarios. A terceira, é preferencias. Na 5ª, quizais che interese, podes ver tódalas contribucións que fixeches estando rexistrado).
  3. Onde pon O seu correo-e* escribe o teu correo
  4. Máis abaixo pon Permitir mensaxes de correo electrónico doutros usuarios, se queres permitir que te escriban, actívao. Os usuarios que se poñan en contacto contigo nunca saberán a denominación da túa conta de correo (mantense oculta). Para poñerse en contacto contigo teñen que ir á túa páxina de discusión ou de usuario e facer click no antepenúltimo enlace da columna da esquerda (Envíar un correo-e a este usuario). Cando dás de alta o teu correo, recibes unha mensaxe automática de autentificación que simplemente debes responder). Ollo, se non permites que os demais usuarios poidan mandarche correos, ti tampouco llelos poderás enviar a eles.

Villaion[editar a fonte]

Paréceme interesante o que comentas, inda que non acabo de estar convencido de que unha característica dialectal fonética ou fonolóxica supoña un cambio na escrita dun topónimo (segundo iso, nas zonas de seseo, non habería topónimos con "c"). Poderías escribilo na páxina de discusión do artigo e asinar (aí si se asina). Tódolos artigos teñen a súa páxina de discusión, úsaa cando teñas algunha aportación dese estilo.

Para acceder á páxina de discusión, mira as pestanas (lapelas) da parte superior. A segunda pon discusión.

A política da Galipedia con respecto á toponimia dos concellos galegofalantes onde o galego non é oficial indica: Para preservar a toponimia tradicional dos concellos galegofalantes de Asturias e Castela-León, onde o galego carece de status de oficialidade, utilizarase a toponimia tradicional coa ortografía oficial da lingua galega.

Templates[editar a fonte]

Hei revisar logo se todo está ben. Se algo está mal xa che direi. Así a todo, quéroche aclarar que a toponimia dos concellos galegos xa foi discutida e que se desfai todo cambio que se faga.

Grazas polas túas colaboracións. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:27, 26 agosto 2006 (UTC)

  • Síntoo pero vinme obrigado a desfacer os cambios que fixeches en Template:Villallón e Villallón. Os cambios que fas precisan ser aprobados pola comunidade e xa hai normas ó respecto. Expresa a túa opinión nunha das páxinas de discusión. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:39, 26 agosto 2006 (UTC)