Conversa usuario:Spiceglam

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia Spiceglam. En relación coas edición no artigo Vigo dicir que na Wikipedia non se pode utilizar ningún material que teña copyright, a licenza non o permite, deberíamos dispor dunha autorización por escrito do autor do texto para poder utilizalo nas condicións da licenza GFDL. Iso signica que calquera texto procedente dunha páxina web, libro ou calquera medio que non permita a súa reprodución nas condicións aquí expostas non pode utilizarse e debe eliminarse. Mantelo pode perxurdicar ao proxecto. Outra cousa é usar como fonte de datos as páxinas consultadas facendo unha redacción propia do contido. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:16, 8 maio 2006 (UTC)