Conversa usuario:Rfsotelo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Rfsotelo. Grazas por comezar a colaborar connosco, confiamos en que coa túa axuda melloren en calidade e cantidade os artigos relacionados coa física. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:18, 8 outubro 2006 (UTC)

Sé valente editando[editar a fonte]

O primeiro, benvido á Galipedia, espero que che guste isto de compartir coñecementos. Quería dicirche que me din conta de que sempre escribes nas páxinas de discusión suxerindo cambios e melloras nos artigos. Sé valente editando, ademáis de comentalo, se ves que o que propós pode mellorar o artigo, engadeo, e comenta despois na páxina os motivos da edición. Pois iso, un saúdo e benvido.--Fryant 19:42, 8 outubro 2006 (UTC)

Benvido, Rfsotelo. Só quero incidir no que che acaba de dicer Fryant: Se valente e modifica o que queiras. Se queres contribuir en artigos relacionados coa física, podes crealos ti se non existen ou completar algúns xa existentes mais inacabados, e que probabelmente deberian conter moita máis información para teren un carácter realmente enciclopédico. Xosé (✉) 20:48, 8 outubro 2006 (UTC)


Polo de pronto so teño que facerme cos costumes da comunidade. Inda non lin ningunha das normas, e por isto que non puxen as cousas como é debido, todo chegará. Moitas gracias pola acollida, teño ilusión en participar neste proxecto e aportar os meus coñecementos principalmente no eido da física. rfsotelo(talk) 23:15, 8 Oct 2006 (UTC)


Podes contar coa nosa axuda, todo o que sexa para mellorar os artigos desenvolvendo mellor os conceptos, corrixindo datos erróneos, ampliando explicacións ou facendoas máis claras,..., é benvido. Non te preocupes polo formato, sempre haberá algún colaborador que o corrixa ou faga as modificacións precisas, o importante é o contido. Estamos moi preocupados por acadar un nivel de calidade maior e por conseguir unha enciclopedia útil para os lectores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:25, 8 outubro 2006 (UTC)


Para contactar comigo
Para contactar comigo, fai click na

palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Ola e benvido. Concordo con todo o dito polos meus compañeiros. Estás na túa casa. Se algún problema tes, contacta con calquera de nós. Pensa que se te confundes ten amaño e que, en cambio, o que aportes é insubstituíble.

Colócoche ese cadro detexto á dereita para que vexas como contactar. Se fas click no nome dun usuario vas á súa páxina persoal. Unha vez alí, se fas click na pestana discusión accedes á páxina para falares con el. Escribe ó final e asina escribindo ~~~~ ou premendo o penúltimo botón.

Conta comigo para o que desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:06, 9 outubro 2006 (UTC)