Conversa usuario:Prevert/datos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Qué significa "profundidad"? ¿Qué nos indica? --Lameiro 11:33, 20 maio 2007 (UTC)

A profundidade é un valor cuantitativo que sirve de indicativo da mellora na calidade do wiki. É un valor cuantitativo porque utiliza como fonte de datos o número de páxinas totais (iso significa contar todos os espazos de nomes: discusión, imaxes, axuda, Wikipedia, categorías, etc), o número de artigos e o número de edicións. Súponse que se o número de páxinas totais aumenta en relación aos artigos, e o número de edicións tamén crece en relación ao número de artigos iso supón que a calidade do wiki mellora. Segundo iso unha maior activade no wiki e un maior número de revisións por artigo significaría que a calidade en conxunto esta aumentando. Evidentemente non deixa de ser un valor cuantitativo porque non mide a calidade das edicións nin o significado de que nun mesmo artigo haxa máis revisións. Pudera ocorrir que a calidade dun artigo fora excelente cunha única edición, e que un número elevado de edicións nun artigo se produciran simplemente porque un usuario non utilizou a vista previa no canto de gardar cada un dos seus trocos. Así é todo un valor baixo de profundidade pode interpretarse case con toda seguirdade como que a calidade non é boa. Hai exemplos de Wikipedias que abusan dos bots para crear artigos nos que a profundidade é nula polo tanto o seu valor sinala que hai problemas. No noso caso semella que o indicador de profundidade si se corresponde cunha mellora de calidade do wiki. Un cordial saúdo--Prevert(talk) 11:48, 20 maio 2007 (UTC).