Saltar ao contido

Conversa usuario:Pascual Vidal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bos días, Pascual. Non hai problema ningún en anula-lo bloqueo á vosa conta de usuario colectivo, pero antes quería puntualizar dúas cousas:

  • Non é que o bloqueo fose por causa dun "hipotético vandalismo", senón dunha acción claramente vandálica, consciente e reiterada. Comproba o historial das edicións deste número e mais as mensaxes que diversos usuarios foron deixando na vosa páxina de conversa, advirtindo ó longo de varios meses que esa actitude só podía levar a un bloqueo. Non bloqueamos a ninguén por unha actuación illada senón tras varios intentos de diálogo e chamadas de atención.
  • Dis que "Non vexo coherente que se bloquee a creación de contas de usuario nun instituto con máis de 300 alumnos anuais" e que "neste caso se debería penalizar ao usuario concreto, digo eu, non á IP". ¿Como podemos nós, desde a Galipedia, actuar contra ese usuario particular? ¿Como podemos saber que hoxe edita o alumno X e mañá o alumno Y? Este control só pode facelo un responsable do centro, responsable da conta. Non sei se ti asumes esta responsabilidade ou es un usuario máis do instituto, pero iso só podedes aclaralo desde aí.

O caso dos usuarios colectivos dos centros de ensino ten este problema e aínda non lle demos atopada unha solución efectiva. Permiten a colaboración de novos usuarios, pode ser unha ferramenta educativa interesante, constitúe unha canteira de futuros usuarios (dos que tan necesitamos estamos); pero permite a actuación dalgún "gracioso" agochado nese anonimato colectivo, aproveitándose da nosa permisividade ante este tipo de usuarios de centros escolares. Existe unha proposta que podes ler: Wikipedia:Centros de ensino que pretende ir solucionando estes problemas. Pero sería moi beneficioso que alguén do centro asumise a responsabilidade de coordina-lo centro e controla-las edicións dos alumnos. Sería bo que este usuario responsable crease a súa propia conta para que usuarios e administradores poidamos contactar con el en caso de calquera problema.

Todo isto non son condicións nin nada que o semelle. Intenta ser unha idea para, como dis, buscar unha solución. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:08, 3 novembro 2009 (UTC)

Xa choveu

[editar a fonte]

Estimado Lameiro, antes de nada disculparme por retomar unha conversa tan antigua, pero diversas razóns personais me tiveron afastado deste entorno e é agora ó retornar cando vexo a túa resposta.

Todo o que dis é razoable e sensato, pero é moi complicado de levar a cabo. Eu son un profesor de debuxo que ademáis ten encargada a xestión e docencia dunha asignatura de nova creación chamada TIC, para alumnos de primeiro de bacharelato. Eu sempre adico un tempo a falar da Wikipedia, da Galipedia e outras wikis e animo ós alumnos a colaborar nela. Neste caso teño un control bastante bo do que fan os meus alumnos. Non obstante, o centro ten moitos máis profesores e alumnos, mesmo bedeles ou administrativos que acceden a internet desde numerosos postos informátivos e a todas horas do día, polo que é absolutamente imposible, e non sei sequera se aconsellable, ter control sobre o que cada un fai. Entendo que os vanadalismos relatados son feitos sobre a IP antes que por parte de usuarios rexistrados. A verdade é que non sei moi ben como se pode chegar a un punto de acordo nesta situación.

No meu caso eu véxome obligado a pedirlles ós meus alumnso que fagan os traballos e aportacións a´Wikipedia dende as súas casas, quedanso así vetados os que non teñen medios para acceder á rede.

Botareille unha ollada ó enlace que me pasaches a ver que pon.

Unha aperta.