Conversa usuario:Mix

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido(a) á Galipedia Mix. Semella que desde o momento en que fixeches a primeira edición o 21 de marzo de 2006 non che demos a benvida. Nesta mensaxe quero facelo e agradecerche ás túas contribucións. Cando saúdamos ós novos colaboradores queremos recoñecer a importancia das súas edicións para este proxecto e iso para nós e máis que unha fórmula. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:01, 7 outubro 2006 (UTC)

Gracias pola benvida, intentarei colaborar máis a miúdo

Outra benvida[editar a fonte]

Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

*Ola Mix, grazas por colaborares connosco. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Estou á túa disposición. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:44, 8 outubro 2006 (UTC)

Pode que che sexa de interese que hai algún modelo xa creado para arte, o que aparece de laranxa en barroco ou arte prehistórica. Sei que os fixo User:Xosé pero non sei se seguiu. É máis, ti mesmo creaches intuitivamente hoxe o artigo final da lista de barroco: arte islámica, ó que sería interesante meterlle a caixa. Podes contactar con el para coordinarte ou comigo se precisas axudas cos modelos (=template). --Sobreira (parlez) 03:30, 10 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Mix. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)

Paolo Veronese[editar a fonte]

Boas, o artigo Paolo Veronese, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 15 de xuño de 2021 ás 20:28 (UTC)[responder]