Conversa usuario:Maañón/propostas/Mision e obxectivos da Galipedia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xa vexo que bota-che moito traballo nesta páxina. No entanto, a "misión" da Galipedia non pode ser distinta da dos demais proxectos de Wikimedia, que está expresada aqui. Nós somos simplemente a versión en galego da Wikipedia (e Wikiquote, e Wictionary,...) e non podemos ter uns obxectivos distintos. Parte do que ti propós é algo parecido ao que fan os capítulos locais da Wikimedia (consulta esta descrición). Lembro que hai ano e medio falámos desa posibilidade, máis ou menos cando un ghetas rexistrou o dominio galipedia.org co oculto propósito de no-lo vender. Iso implica a constitución dunha asociación, a súa legalización, etc. Algunhas das propostas que presentas xa as levamos a cabo e outras son máis adecuadas como "wikiproxecto", ao que se sumarian os interesados, ou como propostas de traballo a presentar na Taberna ou representan obxectivos persoais dalguns colaboradores (eu teño alguns concretos na miña páxina de usuario). Por iso penso que era mellor propor cada unha destas cousas como un obxectivo concreto a curto prazo e ir vendo como se pode afrontar; eu particiaria nalguns. Un saúdo. --Xosé (✉) 21:45, 17 setembro 2007 (UTC)


Grazas pola resposta, alegrome ademais no ofrecimento teu de participar nalguns obxectivos que propoño. En canto ao da mision (e vision), o feito que que a "fundacion wikimedia" teña unha mision non implica que a galipedia non poida ter outra, mais concreta, sempre e cando non sexan contraditorias, ademais, o importante da mision non é somente declarala senon o proceso de definila, pois aí é onde se discuten obsectivos de cara a inducir unha mision. Poer non me quero engrellar en cousas secundarias: o dos obxectivos é mais sinxelo de acadar e coido que haberia que definir alguns obxectivos comuns. Dime cales propos para colaborar.Grazas de novo polos teus comentarios--Maañón 16:31, 19 setembro 2007 (UTC)