Conversa usuario:Hispanitas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Hispanitas, en Wikipedia:Como engadir imaxes tes instrucións sobre como cargar imaxes. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:01, 30 Abr 2005 (UTC)

Benvido á Galipedia Hispanitas. Desexo que te atopes a gusto por eiquí. Se tes algunha dúbida tan só pregunta ;) --Alyssalover(fálame) 07:34, 1 maio 2005 (UTC)

  • Tarde coma sempre, para darche e Benvid@. Calquera dúbida que teñas que no te amole en pregunta-la os que xa estamos dentro ou ta Taberna, en calquera das súas seccions. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:20, 7 maio 2005 (UTC)

Imaxes e Casota de Berdoias (Agora si)[editar a fonte]

Olá, Hispanitas.

A construción de que falas identifícase como "Casota de Freán" ou "Caseta dos Mouros" en Xosé María Lema Suárez (1999): Arquitectura megalítica na Costa da Morte, Asociación Neria. Por outra parte, en Ramón Boga Moscoso (1997): Dólmenes de Galicia (Bahía Edicións) chamase-lle "Casota de Berdoias" ou "Caseta dos Mouros".

Para subir unha imaxe fai clic no vínculo Cargar un ficheiro, que atoparás no painel da esquerda. Hai información sobre que facer coa imaxe Wikipedia:Como engadir imaxes que talvez podes ler antes. Xosé(Falarlle) 23:05, 30 Abr 2005 (UTC)

  • A foto é de maio/xuño do 2003. Se hai menos de dous anos que abriron esa pista, daí a razón de que che choque. Abrir non, asfaltar en todo caso, porque antes xa habia unha pista. Pero a anta é a mesma: é única esa "paraxe do autobus" que semella estar esperando polo autobus de Fisterra. Parece, ademáis, que aproveitaran o asfaltado (tempos do Prestige? sobraba chapapote? hehe) para lle limpar un pouco a maleza que se apreza na miña foto.

O libro de Xosé María Lema Suárez Arquitectura megalítica na Costa da Morte está en galego e foi publicado en 1999 coa colaboración de Manuel Suárez Suárez e revisado por Antón A. Rodríguez Casal, pola asociación Neria. Curiosamente, observo que non consta o ISBN, pero si o Depósito Legal (PO: 503/1999). Xosé(Contacto) 09:40, 8 maio 2005 (UTC)

Sinaturas nos artigos[editar a fonte]

Ola Hispanitas, vexo que non o sabes, pero nos artigos non se pode poñer a sinatura, saúdos.--Rocastelo 08:00, 8 maio 2005 (UTC)

Ola Hispanitas, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:48, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Hispanitas. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:58, 6 decembro 2006 (UTC)