Conversa usuario:Ghraby

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Traducións e recoñecemento da orixe[editar a fonte]

Boas tardes Ghraby. Respecto ó artigo 16 regras do esperanto lembra que se traduces un artigo doutra wiki calquera debes indicar a orixe no resumo de edición ou na páxina de conversa. Cómpre recoñecer o traballo que outros fixeron antes cá nós. Asimesmo, lembra que toda tradución para a que nos axudemos dun tradutor automático esixe unha revisión posterior para evitar erros ortográficos ou gramaticais que cometen estes programas. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 19:18, 14 de decembro de 2011 (UTC)

De acordo Lameiro! sou un pouco leigo nisto, grazas polo consello: Ghraby 20:34, 14 de decembro de 2011 (UTC)
Tranquilo que ninguén naceu aprendido e para iso estamos os máis vellos. Algún día serás ti quen o advirta a un novo usuario. Outra cousa: cando queiras contestar a outro usuario debes facelo na súa páxina de conversa, non na túa propia, e así aparecerá unha mensaxe de aviso ó usuario ó que te dirixes. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:00, 14 de decembro de 2011 (UTC)