Conversa usuario:Fourplay

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Fourplay. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:28, 20 marzo 2007 (UTC)

Véxase tamén[editar a fonte]

Olá, Fourplay, e recibe a miña benvida. Sobre o "Véxase tamén", efectivamente, tense empregado tanto esta expresión como "Ver tamén", así como sen o "tamén". En Wikipedia:Libro de estilo a forma utilizada é "Véxase tamén", polo que, a falta dun acordo explícito, deberia ser a que sigamos. Por suposto que está aberto a discusión. Pola miña parte, estou a pasar un bot (User:XoseBot) que substitue todas as variantes por "Véxase tamén". --Xosé (✉) 11:52, 3 xullo 2007 (UTC)