Conversa usuario:Elisardojm/teclasrapidas.js

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este script de usuario permítelle usar teclas rápidas para engadir certos caracteres difíciles de teclear ou frases usadas normalmente nas caixas de texto. Inicialmente foi feito para permitir engadir de forma doada a frecha á dereita (→) no campo de resumo de edición, xa que este carácter é especialmente útil nos resumos de edición e é complicado de escribir. Agora simplemente tecleando Ctrl > prodúcese a frecha. Despois, o script foi actualizado para permitir usar as mesmas teclas rápidas no campo de edición principal.

Para instalar este script, simplemente engada algo semellante ó que segue á súa páxina persoal de JavaScript. Isto tamén define algunhas teclas rápidas comúns para aumentar e ignorar as que hai por defecto, pero esta parte é opcional.

importScript("Usuario:Elisardojm/teclasrapidas.js");

hotkeys = {
    'b' : 'Brooks estivo aquí',
    'l' : '',
    's' : '§',
    't' : '{| class="wikitable"\n! nome columna\n! nome columna\n|-\n| dato\n| dato\n|}\n'
}

Isto fixa Ctrl-B para que engada "Brooks estivo aquí", a tecla rápida por defecto Ctrl-L queda desactivada (volvendo ó comportamento por defecto de Firefox), Ctrl-S engade o símbolo de sección, e Ctrl-T engade un esqueleto de táboa.

Se vostede esquece que teclas rápidas están definidas, prema Ctrl / para listalas todas.

Véxase tamén[editar a fonte]