Conversa usuario:Ceo2~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Benvido á Galipedia Ceo2~glwiki: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un reservatario de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:02, 29 outubro 2006 (UTC)

Observación[editar a fonte]

Grazas polas túas contribucións. Acabo de ver ó botar unha ollada ás túas contribucións o que escribiches en User talk:Moderador.

Na normativa actual do galego son correctas:

· Tanto -ble como -?bel,
· Tanto o emprego da segunda forma do artigo en tódolos casos, coma o emprego nos poucos casos en que describes
· Tanto o uso da contracción ao como o uso de ó

A política da Galipedia a este respecto é non entrar en conflitos. Actúase do seguinte xeito:

· Respectase o que se escribiu en primeiro lugar, sempre que o que estivese escrito estea de acordo coas políticas. As demais colaboracións teñen que ser coherentes coa primeira

Na túa contribución inicial de Móstoles, que podes ver aquí non empregaras nin “ao”, nin “-bel”, nin ningunha desas posibilidades, polo que a este respecto a referencia é a miña contribución.

Calquera cambio que contraveña esa norma será revertido.

Persoalmente, a min dáme igual unha forma ca outra. Emprego as que para min son habituais. --Lmbuga Commons - Galipedia 17:02, 29 outubro 2006 (UTC)

Ola Ceo2, nos comentarios das páxinas de discusión trátase de aportar argumentos non de facer valoracións ou menosprezar as opinión doutros colaboradores. Debe considerar antes de escribir o seu comentario non só as súas intencións, tamén debe ter en conta como vai ser percibido polo resto dos colaboradores. Imaxine por un momento que nós dixesemos o mesmo sobre as súas edicións, realmente non serviría para nada. Se esas valoracións proceden de usuarios anónimos, desde IP's que ocultan a súa identidade, considérase que o usuario rexistrado está en desvantaxe para responder e desfaise. Seguindo ese criterio volvo a desfacer a súa edición (aínda que esta vez fixo unha pequena variación). Evidentemente pode volver escribir na páxina de discusión sempre e cando non supoña un menosprezo para o resto dos usuarios e neste caso concreto asine como usuario rexistrado. Saúdos. --Moderador 14:00, 8 novembro 2006 (UTC)

Revisei o artigo: coloquei ligazóns, empreguei o sistema habitual para as citas e, mediante o engadido da marca [[Category:Historia]], clasifiqueino en Category:Historia--Lmbuga Commons - Galipedia 17:36, 9 novembro 2006 (UTC)

  • Grazas, sinceramente, por colaborares, e por creares este artigo. Respondín en Talk:Telón de Aceiro a túa apreciación. Sinceramente, creo que tralo trato que recibiches pola miña parte merecía que te dirixises a min para facer esa observación. Compoño esta mensaxe só coa intención de che indicar que na Galipedia procuramos traballar xuntos, non en contra: aquí non andamos a amolar. Abofé que teño cousas que aprender de ti, pero asegúroche que ti tamén podes aprender de min. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:53, 9 novembro 2006 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)