Conversa usuario:Brankses
Benvido á Galipedia Brankses. A comunidade da wikipedia galega aprecia moito a axuda dos novos usuarios. Confiamos en que disfrutes colaborando connosco e facendo que este wiki sexa cada vez máis importante. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:28, 6 Abr 2005 (UTC)
Gaélico irlandés e Lingua irlandesa
[editar a fonte]- Olá, Brankses. Xa existia un artigo sobre o gaélico irlandés como Lingua irlandesa. Moito do que aparece na páxina que creaches está ali. Por iso coloquei un marcador suxerindo que se combinen os dous artigos. Como Lingua irlandesa é moito máis extenso, habería que completalo co que hai na páxina Gaélico irlandés e logo convertir esta última nunha páxina de redirección, de maneira que cando alguén procure Gaélico irlandés vaia a Lingua irlandesa e non haxa contidos repetidos. A razón do título é que, hai algun tempo, decidimos que todas as linguas comezasen por Lingua..., para evitar a confusión coas nacionalidades. Un saúdo. Xosé (✉) 21:06, 7 setembro 2006 (UTC)
Ola Brankses, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:40, 15 setembro 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Brankses. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)