Conversa usuario:Alfredo San

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvida, *implementación, imaxes e conversas[editar a fonte]

Benvido á Galipedia, Alfredo. Perdón pola tardanza da contestación.

Retirei a ligazón interna de *implementación por non ser unha palabra propia do galego, co que dificilmente chegará a ter artigo. De feito o noso corrector ortográfico (As miñas preferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico) marca *implementar como errónea, facendo a suxestión de substituíla por "poñer en funcionamento" ("aplicar métodos", "aplicar medidas,"...).

En canto á imaxe, eu cría que quedaba mellor así. Pero, como é unha cousa subxectiva, vou seguir o teu criterio. Devolvina cara ao centro e, iso si, aumenteina de tamaño para que se vexa mellor.

Por ultimo, cando engadas algo nunha páxina de conversa, faino ao final, despois do xa escrito. Dese xeito as conversas quedan ordenadas cronoloxicamente, da máis antiga, arriba, ata a mais recente, abaixo.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12:29, 16 de maio de 2012 (UTC)