Conversa usuario:83.61.184.204

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola ip! Antes de nada pedirlle que fale con respecto. Ben, unha vez dito isto quero dicir que eu non creei o artigo, fíxoo unha ip, en concreto a 88.16.135.64. Ó advertir que se facía un incumprimento de licenza ó engadir un texto con copyright eliminei o artigo. En total o artigo foi creado 3 veces (pola mesma ip) e foi eliminado 3 veces por min, como se pode comprobar aquí (compróbeo). Na actualidade o artigo non existe (Grupo de Teatro Badius), así que non sei a que vén que vostede me acuse de plaxio, xa que actuei o suficientemente rápido (tardei 2 minutos en eliminalo a 1ª vez, 6' a 2ª vez e 24' a 3ª vez). As dúas primeiras eliminacións foron o 12 de novembro, e a terceira ó día seguinte. Así que non sei ben se a cousa vai en serio ou só era unha cousa para atacar, xa que nin o artigo existe (está ben comprobalo antes de acusar a un servidor), e unha lixeira observación bastaría para comprobar que non creei os artigos, senón que fun quen os eliminou. Agardop que sexan suficientes explicacións. Teña boa noite. Alberte Si, dígame? 22:23, 26 novembro 2008 (UTC)