Conversa usuario:83.49.86.192

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola usuario anónimo. Agradecemos a túa axuda. Os artigos que realizaches están moi ben. Asé e todo, agradeceríache que te rexistrases. Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes se o desexas indicar o teu correo (é optativo). Para rexistrarte fai click nesta ligazón: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Special:Userlogin&type=signup ou le primeiro, se o desexas Wikipedia:Como rexistrarse para teres maior información.

Ó rexistrarte pasarás a ter a túa disposición unha páxina de usuario (en que podes colocar os datos que desexes) e unha páxina de discusión, nesa páxina escribiremos os que desexemos poñernos en contacto contigo.

Engadín a etiqueta [[Category:futbolistas]] á Páxina Míchel Salgado para que o artigo se incorpore ó listado da categoría Category:futbolistas. Fixen outro tanto ([[Category:Baloncesto]]) con Fernando Romay

Se desexas poñerte en contacto comigo fai click na palabra Galipedia da miña sinatura (firma), edita a páxina que che aparecerá, escribe ó final da mesma e, cando remates, mira de asinar. Para asinar fai click no penúltimo botón (ten unha sinatura como debuxo) da barra de botóns que está encima da caixa de edición (o recadro en que se escribe)

Contacta comigo sempre que o desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:53, 9 xullo 2006 (UTC)