Conversa modelo:Universidade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo en bucle[editar a fonte]

Cando intento entrar nesta páxina sáeme este aviso: "Detectouse un modelo en bucle: Modelo:FichaModelo:Documentación". Non sei o que quere dicir. Non se ve outra cousa. --Xoacas(Góstache o pemento?) 16:58, 17 marzo 2010 (UTC)

Pásame o mesmo. Non sei a que se debe exactamente. --Alberte Si, dígame? 17:19, 17 marzo 2010 (UTC)
  • O problema é que se creou o Modelo:Ficha na páxina do modelo chamado "Ficha", non sei se me explico. Se empregas o modelo que estás a crear na páxina do propio modelo créase un bucle xa que ese non é o xeito correcto de crear modelos. Máis gráfico: a páxina "Modelo:Ficha" non pode ter estes contidos:
{{Ficha
|estilo = 

|titulo = 
|estilotitulo = 
|corfondotitulo = 

[...]

|estilopiedetabla = 
|piedetabla = 

|nome = Ficha
}}

Para crear este modelo e logo usalo como fonte para crear estoutro de universidades, cómpre primeiro definir o formato desa "ficha". Entón si que se podería trasladar a outras fichas. É un tema complicado de ver, seino. Tamén é difícil de explicar. O problema veu ao traer do wiki castelán o modelo que alí teñen; non é só copiar e pegar e xa funciona. A adaptación é un paso previo que cómpre dar antes de poder empezar a utilizar un modelo en artigos. --Toliño Fala aquí comigo 17:16, 23 marzo 2010 (UTC)